Nesta entrada pretendemos mostrar parte do acontecido durante este período. Xa que os comportamentos rexistrados para os porcoteixos son moi semellantes aos oibseravados anos anteriores para as mesmas datas, neste caso facemos énfase no que acontece cas outras especies presentes, das que empezamos a ter tamén moita información.
Abril 2012
As seguintes secuencias, demostran o preto que conviven o porcoteixo e o único depredador natural que presenta nestas latitudes, o lobo.
Se observamos, a diferencia de tempo entre as fotos e de apenas 2 minutos.
Novamente, a diferencia de tempo entre as fotos e de apenas 2 minutos.
Maio e Xuño 2012
Este ano, son os raposos quenes saturaron as cámaras durante este mes, desta volta puidemos observar moitos dos comportamentos que estes animais teñen entorno aos refuxios de cría.
Aqui os pequenos nados en marzo-abril xogan, mostrando os seus roles de dominancia.
Aínda que xa hai semanas que nai lles leva aportes de alimento (ratos, paxaros...), nesta fase aínda complementa a súa dieta con leite materna.
Setembro 2012
Porcoteixo
Lobo, na contorna da teixugueira.
Parella de porcoteixos na entrada da teixugueira.
Xeneta
Nas seguintes secuencias pódese observar, unha familia de porcoteixos interactuando.
Outubro 2012
Xabarín
Porcoteixo (Este e un vello coñecido noso, alomenos desde o ano 2008 e o macho alfa)
No hay comentarios:
Publicar un comentario